Support Logistics
Plan de Mellora Competitiva
O servizo Logistics Support, para a mellora da competitividade das empresas, é un servizo de organización e mellora dos procesos loxísticos internos que dará lugar a un Plan de Mellora Competitiva (PMC), que ten como obxectivo principal detectar os puntos débiles das empresas seleccionadas e propor solucións para optimizar o seu funcionamento.
Os socios de CoLogistics implementarán o servizo de maneira conxunta arredor de 3 grandes áreas de mellora:
Retos logísticos
- Automatización de almacéns e adopción de novas tecnoloxías: por exemplo, conectividade en circunstancias adversas;
- Talento dixital para o almacén 4.0
- Rapidez no envío e niveles de servizo máis estritos: por exemplo, mellorar a rastrexabilidade, a loxística de última milla, procedementos áxiles;
- Adaptarse á xeopolítica comercial e internacional: por exemplo, planificación e anticipación, complexidade de entregas, estratexia omnicanal;
- Loxística verde e sostibilidade
MELLORA DA LOXÍSTICA INTERNA
- Organizar os recursos humanos e técnicos do almacén segundo o tipo e o volume da actividade que se vai realizar para acadar a máxima eficiencia e respectar a normativa vixente de seguridade e hixiene do almacén.
- Zonificar o almacén mediante criterios de eficiencia e a optimización do espazo dispoñible para minimizar os percorridos internos e os custos do almacén.
- Elaborar e controlar o orzamento do almacén tendo en consideración os custos para identificar desviacións e propor medidas correctoras.
- Supervisar os procesos e as actividades do almacén coa aplicación dos procedementos e sistemas de calidade estabelecidos pola organización para a mellora continua e a detección de necesidades do servizo de almacén.
- Organizar programas de mantemento preventivo de instalacións e equipos para optimizar o funcionamento do almacén.
- Dirixir o equipo humano do almacén facilitando a súa implicación e motivación mediante técnicas de liderado e resolución de conflitos.
OPTIMIZACIÓN DA CADEA DE SUMINISTRO
- Medir a eficacia da cadea de subministración implica realizar todos os esforzos para monitorizar, auditar e analizar as condicións dos procesos loxísticos da empresa.
- Analizar modelos de avaliación, como o Supply Chain Operations Reference (SCOR).
- Identificar oportunidades de mellora en cada etapa loxística da cadea de subministración.
- Optimizar e fortalecer o desempeño de toda a empresa.
- Descubrir cómo ahorrar costos.
- Implementar metodoloxías de mellora continua como o ciclo de Deming ou ciclo PHVA.
- Detectar problemas de produción, almacenamento, distribución, vendas etc.
- Prever situacións que dificulten o traballo e poidan xerar perdas.
- Anticiparse a posibles problemas de loxística.
A implementación do servizo estrutúrase nas seguintes fases de actuación e a través dun asesoramento personalizado:
Fase 1
ANÁLISE PRELIMINAR DA SITUACIÓN ACTUAL DA EMPRESA (15 %-20 % DO SERVIZO)
Identificando as áreas e os procesos das empresas participantes e analizando os puntos fortes e débiles da súa loxística así como as necesidades de mellora neste campo.
Fase 2
DEFINICIÓN DUN PLAN DE MELLORA COMPETITIVA (70 %-80 % DO SERVIZO)
Despois de identificar as debilidades, detallarase un plan de potencial mellora na eficiencia loxística e na organización así como na diminución do impacto ambiental das súas actividades. Proporanse solucións baseadas na innovación tecnolóxica que faciliten a implementación do plan, o detalle de investimento necesario para alcanzalo e un cronograma para o seu estabelecemento.
Fase 3
INFORME DE CAPACITACIÓN E RECOMENDACIÓNS XERAIS (5 %-10 % DO SERVIZO)
Unha vez realizados os Plans de Mellora Competitiva (PMC), elaborarase un informe no que se detallarán as principais actividades formativas e de asesoramento á empresa e aos seus traballadores en novas tecnoloxías e ferramentas de innovación para potenciar unha mellora do desempeño loxístico e a redución do impacto ambiental das actividades loxísticas.