Smart Logistics

Industria 4.0

Este servizo céntrase en abordar os retos das empresas nos ámbitos da Industria 4.0 relacionados coa loxística e a optimización das cadeas de subministración, a conexión entre os distintos chanzos destas cadeas e novas tecnoloxías como a sensorización, a localización das mercadorías ou a predición da demanda, entre outros.

O servizo Smart Logistics está configurado como un servizo de auditoría tecnolóxica en loxística, que se proporciona a través dun asesoramento personalizado e está estruturado en tres fases:

Fase 1

ATENDENDO AO NIVEL DE IMPLEMENTACIÓN DE SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS DA EMPRESA NOS SEUS PROCESOS LOXÍSTICOS ASÍ COMO ÁS ÁREAS DE MELLORA E AOS RETOS QUE DEBE ABORDAR

Identificando as áreas e os procesos das empresas participantes e analizando os puntos fortes e débiles da súa loxística así como as necesidades de mellora neste campo.

Fase 2

IDENTIFICACIÓN DE FERRAMENTAS E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS (DE MANEIRA INDICATIVA, REPRESENTARÍA ENTRE O 70 % E O 80 % DO SERVIZO)

Solucionar e mellorar os problemas loxísticos detectados na fase anterior.

Fase 3

INFORME DE NECESIDADE DE CAPACITACIÓN DOS TRABALLADORES OU TRABALLADORAS XERAIS (DE MANEIRA INDICATIVA, REPRESENTARÍA ENTRE O 5 % E O 10 % DO SERVIZO)

Co obxectivo de proporcionar as necesidades de capacitación precisas para implementar dentro da empresa as ferramentas e as solucións tecnolóxicas identificadas.